Revista Galega de Economía
Revista Galega de Economía
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1990. Editada pola Consellería de Economía e Facenda e pola Facultade de Económicas da Universidade de Santiago e coordinada por José A. Díez de Castro, na súa redacción participaron algúns dos máis prestixiosos expertos en economía de Galicia. Incluíu artigos sobre política e economía, documentos sobre análise de mercados, competitividade e política tecnolóxica, notas breves sobre a industria, os problemas da exportación e os diversos sectores da economía, recensións bibliográficas e información sobre teses da facultade.