Revista Galega de Estudios Agrarios

Revista Galega de Estudios Agrarios
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1979. Editada polo Servicio de Publicacións da Xunta de Galicia cunha periodicidade semestral, foi dirixida por Xaime Isla Couto. Concibida para impulsar a modernización do campo galego, a revista acolleu traballos de investigación de calidade e posible aplicación real, elaborados por especialistas na materia e dirixidos a establecer as novas bases sobre as que se debería desenvolver o sector.