Revista Galega da Administración Local

Revista Galega da Administración Local

Publicación editada en Vigo e Santiago de Compostela a partir de 1990. Impulsada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, constituíuse nun dos medios empregados pola administración galega para difundir todas as novas de interese sobre lexislación local. Ademais, incluíu unha sección de xurisprudencia, artigos e colaboracións, e unha sección especial para cuestións diversas, como as xornadas celebradas en Santiago de Compostela sobre administración local. A revista basea a maior parte dos seus contidos en leis, decretos, reais-decretos, editos e sentenzas publicadas no BOE ou no DOG e referidas a Galicia.