Revista de la Asociación Española de Farmacéuticos de Hospitales

Revista de la Asociación Española de Farmacéuticos de Hospitales

Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.