"Caetán" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caetano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma coa que tamén se coñece a liñaxe italiana Gaetani.
-
PERSOEIRO
Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade dominicano. Aínda que bautizado como Tommaso de Vio, foi coñecido como Caetanus ou Gaetanus, un dos teólogos de máis sona da escola tomista. Exerceu como profesor de filosofía e teoloxía en Roma, e como cardeal e legado papal en Alemaña; de feito, foi o que examinou a Martiño Lutero en Augsburgo en 1518. Entre as súas obras máis importantes destacan a edición da Summa Theologica de Tomé de Aquino e os escritos de Aristóteles. Tamén colaborou na bula Exsurge Domine (1529) que condenaba a Lutero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vicenza 1480 - Nápoles 1547) Xurisconsulto e sacerdote italiano, fundador da orde dos teatinos. Creou un hospital para enfermos incurables na súa cidade natal. Co gallo de introducir reformas nos costumes do clero, fundou en 1524 no Milanesado a congregación dos cregos regulares xunto a Gian Pietro Carafa, bispo de Chieti ou Theate (de aí o nome da orde), futuro Papa Paulo IV, Paulo Consiglieri e Bonifacio de Colle, de Alexandría. Despois do saqueo de Roma polas tropas de Carlos V refuxiouse en Venecia. Foi beatificado por Urbano VIII (1629) e canonizado en 1671 polo Papa Clemente X por iniciativa do Rei de Francia Luís XIV. A orde dos teatinos foi introducida en Francia polo cardeal Mazarino. O culto deste santo estendeuse coa súa orde por Europa Central e España no s XVIII; é un dos patróns de Baviera. En iconografía represéntase vestido con hábito teatino, sotana negra e calcetíns brancos; como atributos leva flor de lis e corazón alado. Aparece recibindo o Neno Xesús...
-
PERSOEIRO
Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente do xentilicio latino Caietanus ‘habitante de Caieta’ (hoxe Gaeta, Italia), que pasou despois a cognome latino ‘da familia de Caio’. Presenta como variantes: Caetán, Caitán, Quiatán, Quitián, Quitán/Caitana e Queitana. San Caetano de Gaeta foi un destacado teólogo que se enfrontou ás doutrinas luteranas e pertenceu á escola tomista; é titular dunha parroquia e celébrase o 7 de agosto. San Caetano de Thiene, canonizado en 1671, foi o fundador da congregación dos cregos regulares teatinos. A tradición oral recolle ditos que dan mostra da devoción por este santo como “San Caitán, san Caitán, dános pan pra hoxe e pra mañán”.
-
GALICIA
Xornalista. Estudiou xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Comezou a súa andaina profesional en 1977 en El Ideal Gallego. A partir de 1981 pasou a ocupar a delegación de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela, onde coordinou a área de información autonómica. Despois de formar parte do equipo directivo de La Voz de Galicia na Coruña e de exercer como correspondente de El País, en 1986 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias (AGN), onde ocupou o cargo de director xeral. En 1988, da man de Rey Novoa, incorporouse como redactor xefe a El Correo Gallego, onde tamén exerceu como subdirector. Foi o responsable de poñer en marcha O Correo Galego. Nestes dous últimos periódicos desempeña funcións de coordinación xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Membro dunha familia de orixe italiana, asistiu a clases de debuxo na escola patrocinada polo conde de Ximonde. Na capela do Hospital Real de Santiago (1829) realizou os cadros sobre bronce situados no altar, e na igrexa de Santa María do Camiño pintou o arco toural e a sancristía (1830). Como gravador formouse en Santiago. Nas súas obras recolleu a influencia académica e os gustos populares da época. No ámbito técnico empregou o trazo, curto ou longo, pero non o punteado para acadar as sombras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada ao SL preto do río Tamanduatei (149.203 h [1991]). Forma parte da área metropolitana da cidade de São Paulo.
VER O DETALLE DO TERMO