"Canales" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

    1. Forma plural correspondente ao apelido Canal.

    2. Liñaxe leonesa procedente do lugar homónimo. Estendeuse por Aragón, Catalunya, Mallorca, Burgos e Galicia. A rama galega leva escudo cortinado: primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo cuartel, en campo de ouro, cunha banda de prata perfilada de goles e engulida en cabezas de dragóns da mesma cor; na capa, en campo de ouro, unha faixa de sable, acompañada de dúas aguias de goles, unha arriba e outra abaixo. Algúns de Aragón, Catalunya e Illes Balears traen, en campo de sable, unha cruz de Santiago, de ouro, e na punta tres veneras de prata postas en faixa; outros ostentan, en campo de sable, unha cruz plana de ouro pometeada, e na punta tres veneras de prata colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Comezou os seus estudios no Ballet Nacional, do que foi solista, e compartiu escenario con figuras internacionais como Rudolf Nureyev, Julio Bocca ou Fernando Bujones. En 1992 creou a súa propia compañía coa que debutou en Bilbao, presentando as coreografías A tí Carmen Amaya e Siempre flamenco; posteriormente o Ballet Flamenco Antonio Canales estreou os espectáculos Gitano e Torero. Ademais realizou por encargo a coreografía Grito para o Ballet Nacional de España, presentado no City Center de Nova York. No ano 2000 participou como actor no filme Vengo. Actuou en Holanda, EE UU, Francia, Xapón, Canadá e Italia. Recibiu o Premio Mavisella 88, en Italia, e o premio ao mellor bailarín internacional concedido en Ciudad de México en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO