Canales

Canales
  1. [ONOM]

    Forma plural correspondente ao apelido Canal.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe leonesa procedente do lugar homónimo. Estendeuse por Aragón, Catalunya, Mallorca, Burgos e Galicia. A rama galega leva escudo cortinado: primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de ouro; segundo cuartel, en campo de ouro, cunha banda de prata perfilada de goles e engulida en cabezas de dragóns da mesma cor; na capa, en campo de ouro, unha faixa de sable, acompañada de dúas aguias de goles, unha arriba e outra abaixo. Algúns de Aragón, Catalunya e Illes Balears traen, en campo de sable, unha cruz de Santiago, de ouro, e na punta tres veneras de prata postas en faixa; outros ostentan, en campo de sable, unha cruz plana de ouro pometeada, e na punta tres veneras de prata colocadas en faixa.