"Carduci" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artistas italianos establecidos en España dende 1585, coñecidos como Carducho. Bartolomeo Carduci (Florencia 1560 - Madrid 1610), pintor, arquitecto e escultor. Chegou a El Escorial como axudante de Federico Zucaro, con quen traballou no retablo maior da igrexa. Realizou tamén pinturas na biblioteca e en 1598 foi nomeado pintor de cámara. O seu irmán, Vincenzo Carduci (Florencia 1576 - Madrid 1638), tamén pintor, chegou á Península na súa compaña e converteríase co tempo en discípulo seu. Nomeado pintor de cámara en 1609, a súa obra evolucionou cara a un realismo acusado plasmado na obra Predicación de San Juan Bautista (1610) e introduciu un espírito cada vez máis impoñente e monumental, como se reflicte no retablo maior de Guadalupe. Seguiu as premisas dun naturalismo pouco extremo, do concepto cromático veneciano e da preocupación polos contrastes lumínicos pouco violentos, características que se amosan nos lenzos realizados para...
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario italiano. En 1853 trasladouse á escola normal de Pisa, onde se graduou en 1855. Exerceu a docencia e traballou co editor Barbera na edición de clásicos, ata que en 1860 obtivo a cátedra de Literatura Italiana na Universidade de Boloña, posto que ocuparía ata o ano 1904. Nun principio profesou ideas republicanas, pero posteriormente optou pola monarquía e foi nomeado senador en 1890. Concibiu a poesía como unha volta á propia tradición clásica, como un canto, oposto ao sentimentalismo popularista dos últimos románticos. Opúxose ao verismo e a todo tipo de esteticismo influído por correntes alleas á tradición propia, como o decadentismo ou o parnasianismo. A súa poesía ten como base unha adhesión aos obxectivos da revolución garibaldina e exalta o heroísmo dos homes e os feitos relacionados co pasado histórico. Na súa produción destaca Juvenilia (1850-1860), onde recolle os poemas de xuventude; o célebre poema A Satana (A Satanás, 1863), no que...
VER O DETALLE DO TERMO