"Carrara" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Massa-Ca-rrara, na Emilia Romagna, Italia (65.871 h [1997]). Sitúase ao pé dos Alpes Apuanos e está bañada polo río Avenza. As súas canteiras de mármore explotáronse xa en tempos dos romanos e constitúen a fonte de riqueza do lugar, con exportacións a todo o mundo. Entre os seus monumentos destaca a catedral dos ss XII e XIV e o palacio ducal dos Malaspina do s XVI, sede da Accademia di Belle Arti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia do condado de Padua, citada xa no 1027, que no s XII logrou un importante dominio localizado en Carrara. Este dominio pasou a Padua no s XIII, onde se estableceu a familia. Desde 1318, ano en que Jacopo de Carrara foi elixido capitán xeneral de Padua, os Carrara controlaron o goberno da cidade. Francesco I de Carrara (?-1393), coñecido como il Vecchio (1355-1388), e o seu fillo, Francesco II de Carrara (?-1406), chamado Novello (1388-1405), loitaron contra os Visconti e a República de Venecia. Con estas loitas extinguiuse a rama principal da liñaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto italiano. Teórico da escola clásica de dereito penal, foi redactor do proxecto do Código Penal italiano. Escribiu: Lezione sul grado nella forza fisica del delito (Lección sobre o grao na forza física do delito, 1870), Lineamenti di pratica legislativa penale (Disposicións da práctica lexislativa penal, 1874) e Studi sul diritto perfetto (Estudios sobre o dereito perfecto, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na rexión de Toscana, Italia, situada ao pé dos Alpes Apuanos, a 5 km do Mar Tirreno (66.097 h [2001]). A súa economía está baseada na tradicional industria do mármore, complementada con novas industrias como a mecánica, a química e a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Toscana, situada en Italia (1.157 km2; 197.411 h [2001]). A capital é Massa-Carrara.

    VER O DETALLE DO TERMO