Carrara
Carrara
Cidade da provincia de Massa-Ca-rrara, na Emilia Romagna, Italia (65.871 h [1997]). Sitúase ao pé dos Alpes Apuanos e está bañada polo río Avenza. As súas canteiras de mármore explotáronse xa en tempos dos romanos e constitúen a fonte de riqueza do lugar, con exportacións a todo o mundo. Entre os seus monumentos destaca a catedral dos ss XII e XIV e o palacio ducal dos Malaspina do s XVI, sede da Accademia di Belle Arti.