"Castela e León" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma do estado español que comprende o territorio setentrional da Meseta e da rexión histórica de Castela (94.147 km2; 2.508.496 h [1996]). Comprende as provincias de Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora. A capital é Valladolid.
    Xeografía física
    A forma dominante do relevo está constituída por chairas extensas e elevadas, sen apenas accidentes topográficos, enmarcadas por sistemas montañosos de dimensións moi distintas. A Meseta setentrional está constituída polo primitivo zócolo paleozoico, moi erosionado xa a principios do Secundario. Durante as presións do movemento alpino quebrou en diversos puntos e deu orixe ao Sistema Central, á Cordilleira Cantábrica e aos Montes de León, entre outros. Nalgúns lugares orixináronse extensas e pouco profundas depresións, reenchidas por sedimentos miocénicos de carácter continental (arxilas, areas, calcitas). Así, as provincias castelás son dominios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Castela e León, señor de Ribera e Cabrera, fillo de Sancho IV e María de Molina. Ocupou desde 1302 os cargos de Adiantado de Galicia, Merino e Pertegueiro Maior da catedral de Santiago. Desafiou o poder dos bispos de Santiago e Lugo e favoreceu os intereses da burguesía destas cidades. Como resultado das disputas chegou a ocupar os cargos de encomendeiro da cidade de Lugo e tenente das igrexas da súa diocese.

    VER O DETALLE DO TERMO