"Castilho" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos portugueses. João de Castilho (Santander 1490 - Tomar 1553?), traballou dende 1517 en Portugal, onde foi un dos introdutores das novas formas renacentistas e un dos arquitectos máis destacados do estilo manuelino. Ocupouse da dirección das obras do mosteiro dos Jerónimos, entre elas a construción do clautro, e traballou no convento de Cristo en Tomar e nos mosteiros de Alcobaça e de Batalha. O seu irmán, Diogo de Castilho (Santander? - Coimbra 1574?) traballou na sé de Viseu, no mosteiro dos Jerónimos, na igrexa de Nosa Senhora do Pilar (Gaia) e realizou a ventá da sala capitular do convento de Cristo en Tomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador na prensa da época, dirixiu a Revista Universal Lisbonense e foi redactor de O Agricultor Micaelense. Introduciu o romanticismo no seu país, aínda que a súa obra presenta tamén trazos neoclásicos. Contra este anacronismo reaccionaron os poetas novos de Coimbra e promoveron unha polémica, a Questão Coimbrã, que contribuíu á afirmación do romanticismo proudhoniano e inconformista. Da súa produción destacan as obras: Amor e melancolia (1828), Quadros históricos de Portugal (1839), Escavações poéticas (1844), Crónica certa e muito verdadeira da Maria da Fonte (1846) e Outono (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Gobernador xeral de Moçambique (1885-1889), capitaneou unha división naval en Rio de Janeiro durante a sublevación contra o mariscal Peixoto. Foi nomeado ministro da Mariña e de Ultramar, e, coa chegada da República, abandonou o cargo. Entre as súas publicacións destacan: O Zambeze (1880) e O Transvaal e o dominio inglés (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO