Castilho
Castilho
Familia de arquitectos portugueses. João de Castilho (Santander 1490 - Tomar 1553?), traballou dende 1517 en Portugal, onde foi un dos introdutores das novas formas renacentistas e un dos arquitectos máis destacados do estilo manuelino. Ocupouse da dirección das obras do mosteiro dos Jerónimos, entre elas a construción do clautro, e traballou no convento de Cristo en Tomar e nos mosteiros de Alcobaça e de Batalha. O seu irmán, Diogo de Castilho (Santander? - Coimbra 1574?) traballou na sé de Viseu, no mosteiro dos Jerónimos, na igrexa de Nosa Senhora do Pilar (Gaia) e realizou a ventá da sala capitular do convento de Cristo en Tomar.