"Castro Bolaño" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Militar. Comandou unha fragata galega, na que tamén viaxaban o marqués de Tullibardine e os condes de Marshal e Seaforth. A embarcación formaba parte da flota dirixida polo duque de Ormond, que saíra do porto de Santander con destino a Escocia para loitar pola causa estuardista. Malia que en Escocia recibiron axuda dos highlanders, foron derrotados na Batalla de Glenshiel (10.6.1719). Logo de permanecer durante algúns meses no cárcere de Edimburgo, regresou a Galicia a finais de 1719.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político moderado. Iniciou os seus estudios no Colexio da Latinidade de Viveiro e despois trasladouse a Santiago de Compostela, onde se graduou en Dereito no ano 1826. Exerceu a avogacía en Viveiro e posteriormente marchou a Lugo, onde foi deputado provincial e vicepresidente do Consello provincial. Colaborador asiduo de revistas como La Aurora del Miño, El Eco de Galicia e a Revista Jurídica de Galicia, foi ademais director de El Correo de Lugo, no que colaborou cun gran número de artigos de carácter xurídico. Entre outras obras publicou Informe sobre el estado de los montes en la provincia de Lugo y los medios de proveer a su conservación, presentado al Consejo de Administración por su vicepresidente Don José María Castro Bolaño y adoptado por aquel cuerpo y la junta de agricultura (1850), Memoria sobre la agricultura en la provincia de Lugo, leída en la Junta provincial del ramo por Don José María Castro Bolaño, adoptada e impresa por acuerdo de la misma corporación en sesión...
VER O DETALLE DO TERMO