Castro Bolaño
Castro Bolaño
Militar. Comandou unha fragata galega, na que tamén viaxaban o marqués de Tullibardine e os condes de Marshal e Seaforth. A embarcación formaba parte da flota dirixida polo duque de Ormond, que saíra do porto de Santander con destino a Escocia para loitar pola causa estuardista. Malia que en Escocia recibiron axuda dos highlanders, foron derrotados na Batalla de Glenshiel (10.6.1719). Logo de permanecer durante algúns meses no cárcere de Edimburgo, regresou a Galicia a finais de 1719.