"Castromao" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castro localizado nun outeiro de preto de 725 m de altitude, que domina boa parte do val do Arnoia, na parroquia de Santa María de Castromao (Celanova). Este castro, coñecido desde a época medieval, identificouse a finais do s XIX cunha das poboacións romanas que se rexistran no Anónimo de Ravenna. As primeiras escavacións deste conxunto datan de 1920-1930, época na que Xulio Rodríguez e Florentino López Cuevillas abriron dúas gabias na zona da muralla. Non obstante , non foi ata os anos sesenta e setenta cando Mariano García Rollán realizou a maior parte das escavacións do castro. O conxunto arqueolóxico de Castromao presenta uns sinais de habitación que van desde o Bronce final ata ben avanzado o dominio romano. As construcións que configuran o castro están dispostas ao redor dunha penedía central, nunha plataforma de ancho variable, entre os 12 e os 15 m, rodeada por unha muralla de pedra e por un terraplén revestido con cachotería de case 500 m de perímetro. A entrada a este recinto...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo homónimo. Como nome de lugar remite ao latín castru malu ‘castro malo’. A súa denominación está motivada pola consideración negativa que se tivo deste castro debido a que non estaba ben dotado para albergar a súa poboación ou porque presentaba malas condicións defensivas. Documéntase no s XV: “Juan de Castromaao” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, I, 1967, p 162).