ad hoc

ad hoc

(

  1. loc

    Expresión latina que significa ‘para isto’, ‘para este fin’, ‘con esa finalidade’, ‘expresamente’ ou mesmo ‘a propósito’.

    Ex: Unha caixa feita ad hoc. Convocaron unha asemblea ad hoc para debateren o problema.

  2. loc [FILOS]

    Argumento ou posicionamento forxado a partir da argumentación que se pretende xustificar ou explicar.