"Caulerpa" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de algas verdes da orde das caulerpais, de organización sifonal, cunha parte rastreira e outra erguida e laminar. Nas últimas décadas do s XX, a especie C. taxifolia introduciuse involuntariamente nas costas mediterráneas occidentais a partir dos exemplares empregados en acuariofilia; deste xeito, a especie proliferou alarmantemente e cubriu os fondos, feito que provocou unha considerable mingua das algas autóctonas e da fauna asociada a estas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caulerpais.

    2. Alga da orde das caulerpais.

    3. Orde de clorofíceas mariñas de talo sifonal. Caracterízanse pola posesión de plastos de dous tipos (cloroplastos e amiloplastos) e pola formación de gametos biflaxelados. Viven fundamentalmente en augas quentes. Pertencen a esta orde os xéneros Caulerpa, Codium e Derbesia.

    VER O DETALLE DO TERMO