Caulerpa

Caulerpa
[PROTISTA]

Xénero de algas verdes da orde das caulerpais, de organización sifonal, cunha parte rastreira e outra erguida e laminar. Nas últimas décadas do s XX, a especie C. taxifolia introduciuse involuntariamente nas costas mediterráneas occidentais a partir dos exemplares empregados en acuariofilia; deste xeito, a especie proliferou alarmantemente e cubriu os fondos, feito que provocou unha considerable mingua das algas autóctonas e da fauna asociada a estas.