"Caulobacter" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de bacterias, da familia das caulobacteriáceas, que se caracterizan por posuír un pedúnculo, orixinado por acumulación de materiais capsulares arredor do primitivo flaxelo polar, mediante o que se poden fixar a un substrato sólido somerxido. Multiplícanse por escisiparidade, pero mentres que unha das células fillas se mantén fixa ao substrato polo pedúnculo, a outra, dotada dun flaxelo polar, pódese mover libremente ata atopar un substrato adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das caulobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das caulobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das pseudomonadais, en forma de bacilo curto, lixeiramente curvado, ou de vibrión. Teñen un pedúnculo máis ou menos longo, de orixe moi diversa segundo os xéneros, co que se fixan a un substrato mergullado e son Gram-negativas. Oxidan o ión ferroso e convérteno en ión férrico. Viven en augas doces moi oligotróficas. Os xéneros máis importantes son Caulobacter e Gallionella.

    VER O DETALLE DO TERMO