Caulobacter

Caulobacter
[MONERA]

Xénero de bacterias, da familia das caulobacteriáceas, que se caracterizan por posuír un pedúnculo, orixinado por acumulación de materiais capsulares arredor do primitivo flaxelo polar, mediante o que se poden fixar a un substrato sólido somerxido. Multiplícanse por escisiparidade, pero mentres que unha das células fillas se mantén fixa ao substrato polo pedúnculo, a outra, dotada dun flaxelo polar, pódese mover libremente ata atopar un substrato adecuado.

Palabras veciñas

caulifloro -ra | cauliforme | caulinar | Caulobacter | caulobacteriáceo -a | caulocalina | cauloide