"Chartres" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi o primeiro dos mestres da escola de Chartres. Realista extremo no problema dos universais, o seu platonismo foi modificado por outras influencias (Séneca, Boecio, santo Agostiño), e polas conclusións das súas análises de índole lóxico-gramatical. A súa doutrina coñeceuse a través de Xoán de Salisbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Eure-et-Loir, na rexión do Centro, Francia, situada á beira do río Eure (39.595 h [1990]). A base da súa economía é a industria, principalmente a química, a electrónica e a metalúrxica. Ademais, é un centro administrativo e comercial (trigo, gando e la). Foi a capital do pobo dos carnutos ata a súa conquista polas tropas romanas baixo as ordes de Caio Xulio César. A partir de entón adoptou o nome de Autricum. Dende o s III é sé episcopal e pertence aos condes de Champa-gne e de Blois desde o s X. A finais do s XIII pasou á coroa e Filipe IV cedeu a cidade ao seu irmán Carlos de Valois. En 1528 Francisco I outorgoulle o título de ducado e, dous séculos despois, Luís XIV cedeulla ao seu irmán Filipe, duque de Orléans, polo que a partir dese momento foi patrimonio dos herdeiros desa casa. O monumento máis destacado é a catedral de Nôtre-Dame. No s XI, o bispo Fulbert iniciou a construción da primitiva catedral sobre o lugar que ocupara un santuario pagán,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual iniciado a comezos do s XI por Fulbert, bispo de Chartres. Acadou o máximo esplendor na primeira metade do s XII cos mestres Bernat de Chartres, Gilbert de la Porrée, Thierry de Chartres e Guillem de Conches. O movemento pode definirse como un renacemento platónico e humanista de signo cristián.
-
PERSOEIRO
Bispo de Chartres, discípulo de Lanfranco na abadía de Bec. Por se enfrontar ao rei Filipe I de Francia, que repudiara a súa muller, foi encarcerado. É patrón dos avogados e a súa festividade celébrase o 20 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Virxe e mártir, filla do gobernador romano Quirino. Convertida ao cristianismo por san Potenciano, a quen visitaba na cadea, o seu pai mandouna tirar a un pozo. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo francés. Mestre e chanceler da escola catedralicia de Chartres, foi un dos principais representantes do platonismo medieval. Elaborou unha doutrina teolóxica sobre a unidade-multiplicidade en que Deus inclúe todas as formas e é a forma essendi de todos os seres. Autor dun manual de artes liberais, Heptateuchon, representou certo ideal humanístico de cultura.
VER O DETALLE DO TERMO