"Cieza" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de la Vega Alta del Segura, na Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, preto do río Segura (31.680 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, é o primeiro produtor mundial de melocotón. Outros cultivos importantes son as hortalizas e as oliveiras. Especial relevancia ten o sector da construción e dos servicios, centrado principalmente no pequeno comercio. Destacan o xacemento árabe de Medina Siyasa, a ermida do Santo Cristo del Consuelo e no centro urbano a basílica da Asunción do s XVIII, o edificio modernista do Mercado e o conxunto histórico do Balcón del Muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e historiador. Marchou ás Indias en 1535, viviu primeiramente nas rexións colombianas (1538-1547) e despois percorreu o Perú ata Potosí (1547-1550). Publicou Parte primera de la Crónica del Perú (1553) e, postumamente, Segunda parte de la crónica del Perú, que trata del señorío de los Incas y de sus grandes hechos de gobernación (1871) e Tercer libro de las guerras civiles del Perú (1949), obras onde achegou información sobre a cultura, a flora e a fauna andina e amazónica e os feitos dos conquistadores.

    VER O DETALLE DO TERMO