Noticia de Torto

Noticia de Torto
[DER/LING]

Texto notarial escrito en galego-portugués que se descubriu preto de Braga e que se datou arredor de 1211-1214. Contén as queixas de Lourenço Fernandes da Cunha contra os seus parentes e veciños, os fillos de Gonçalo Ramires. Aparentemente, trátase dun texto espontáneo e informal e non dunha versión definitiva, feito que lle dá un maior valor lingüístico.