Noticia de fiadores
Noticia de fiadores
[DER/LING]
Texto notarial escrito en galego-portugués datado en 1175, aínda que para moitos investigadores é dubidosa a súa pertenza a esta lingua debido á súa brevidade e ao ser unha gran parte del unha lista de adscrición lingüística neutra, que fai que conteña un exiguo número de elementos romances fronte aos latinos. Descuberto e publicado 1999, considerouse o máis antigo texto coñecido ata a aparicición do Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais (1173?). Foi escrito nun pergamiño que contén outros tres documentos. O texto principal do pergamiño é o dunha carta de doazón de arras, feita por Soeiro Pais a Urraca Mendes. Trátase dunha carta latina datada en 1146 en que o fillo de Soeiro e Urraca fixo escribir a noticia de fiadores en 1175.