"Clare" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 31.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desaparecer as nubes ou a néboa do ceo.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e xornalista norteamericano. Traballou con Mack Sennett e Goldwyn, antes de lanzarse á súa carreira en solitario realizando algúns westerns. Dirixiu, entre outras películas, The floor below (O piso de abaixo, 1918), Hands up (Mans arriba, 1926), It (A cousa, 1927), Red hair (Pelo vermello, 1928), The bad man (O home malo, 1930) e Rangle river (Río Rangle, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Preferido por Greta Garbo, á que dirixiu na maioría dos filmes da actriz, entre eles: Flesh and the Devil (A carne e o diaño, 1926), A Woman of Affairs (Unha muller de carácter, 1928) e Anna Karenina (1935). Dirixiu tamén biografías e grandes superproducións. Entre as súas películas, destacan: The Great Reedemer (O sublime redentor, 1920), The Eagle (A aguia, 1925), Inspiration (Inspiración, 1931), Of Human Hearts (Sobre corazóns humanos, 1938), Song of Love (Sonata de amor, 1947) e Plymouth Adventure (A aventura do Plymouth, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés do condado irlandés de An Clár.
-
PERSOEIRO
Poeta inglés. Da súa produción destacan Poems Descriptive of Rural Life and Scenery (Poemas descritivos da vida e da paisaxe rural, 1820), The Village Minstrel (O músico da vila, 1821) e The Shepherd’s Calendar (O almanaque do pastor, 1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dar claridade a algo ou tornalo menos escuro.
-
Tornarse claro algo.
-
Aparecer a luz do sol pola mañá.
-
Quedar o ceo limpo de nubes.
-
Poñer ao clareo. Ex: Co pouco sol que vai a roupa non clarea nada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período breve de tempo no que se percibe algunha claridade entre as nubes.
-
-
Espacio dun bosque desprovisto de árbores.
-
Espacio dun terreo sementado no que rarea ese cultivo. Ex: As patacas non naceron naquel clareiro.
-
-
DUCADOS
Título da casa real inglesa concedido en 1362 a Lionel de Anveres, terceiro fillo de Eduardo III, e que reverteu na coroa á súa morte (1368). En 1412 foille outorgado ao príncipe Tomás, fillo segundo do Rei Enrique IV. En 1461 concedéuselle o terceiro ao príncipe Xurxo, irmán de Eduardo IV. En 1789 outorgóuselle ao príncipe Guillerme, fillo terceiro de Xurxo III, e a derradeira concesión realizóuselle ao príncipe Alberte (morto en 1892), fillo maior do Rei Eduardo VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do ceo limpo de nubes.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Xamaica (1.196 km2; 222.500 h [estim 1994]). A capital é May Pen (45.900 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Hyde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposicións promulgadas en Clarendon Park polo Rei Enrique II de Inglaterra en 1164, nas que se definían e limitaban os dereitos do clero. Foron rexeitadas polo chanceler Thomas Becket e polo Papa Alexandre III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en estender a roupa, ou as meadas de liño, enxaboada ao sol, botándolle auga a cada pouco para que claree e se poña máis branca ou mesmo sexa máis fácil de quitarlle a sucidade cando se lava de segunda volta. OBS: Xeralmente se utiliza a expresión ó clareo precedida dos verbos poñer, botar e estar. Ex: Puxo todas as toallas brancas ao clareo. Botou as meadas de liño ao clareo e aínda non as recolleu. As sabas están ao clareo para que branqueen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sallent, Barcelona 1807 - Fontfroide, Languedoc 1870) Eclesiástico. Estudiou no seminario de Vic (1829) e percorreu como predicador as comarcas catalanas. Acusado de colaborar cos carlistas, marchou a Canarias onde realizou un intenso labor como misioneiro (1848). Fundou en Vic a congregación de Misioneiros Fillos do Immaculado Corazón de María en 1849, denominados popularmente claretianos. Nomeado arcebispo de Santiago de Cuba, fundou alí as relixiosas de María Inmaculada. Chamado a Madrid pola Raíña Isabel II, acompañouna ao exilio. Morreu no mosteiro cisterciense de Fontfroide. Foi canonizado en 1950. Fundou a editorial Llibreria Religiosa (1848), onde publicou, entre outros escritos, o devocionario Camí dret i segur per arribar al Cel (Camiño dereito e seguro para chegar ao Ceo, 1843) e o Catecisme de la doctrina cristiana (Catecismo da doutrina cristiá, 1847).
-
PERSOEIRO
Arquitecto e tratadista de arte. Foi compañeiro de Josep Lluís Sert. Especializado en estudios sobre decoración e mobiliario, publicou Muebles de estilo inglés y su influencia en el exterior (1946); Muebles de estilo francés desde el gótico hasta el Imperio (1952) e Muebles de estilo español (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao viño feito con mosto de uva branca e tinta e que se fermenta en parte con cangallo da uva tinta. Ex: Imos á tasca tomar uns claretes.
-
-
Relativo ou pertencente aos claretianos ou ao seu instituto.
-
Membro do instituto relixioso chamado congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Momento no que comeza a aparecer a luz do día.
-
-
Tornarse claro algo.
-
Aparecer a luz do sol pola mañá.
-
Quedar o ceo limpo de nubes.
-