Brown, Clarence

Brown, Clarence

Realizador cinematográfico norteamericano. Preferido por Greta Garbo, á que dirixiu na maioría dos filmes da actriz, entre eles: Flesh and the Devil (A carne e o diaño, 1926), A Woman of Affairs (Unha muller de carácter, 1928) e Anna Karenina (1935). Dirixiu tamén biografías e grandes superproducións. Entre as súas películas, destacan: The Great Reedemer (O sublime redentor, 1920), The Eagle (A aguia, 1925), Inspiration (Inspiración, 1931), Of Human Hearts (Sobre corazóns humanos, 1938), Song of Love (Sonata de amor, 1947) e Plymouth Adventure (A aventura do Plymouth, 1952).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Clinton, Massachusetts

  • Deceso

    Lugar : Santa Monica, California