"Colima" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital do estado homónimo, México, situada na marxe dereita do río Armería (106.967 h [1990]). É o principal mercado dunha rexión eminentemente agrícola (café, cacao, cana de azucre) e gandeira. Do 400 ao 1400 foi o centro dunha cultura precolombina da que se atoparon, en tumbas abertas en terreos rochosos, figuras de terra cocida que representan homes e mulleres en escenas da vida cotiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de México, drenado polos ríos Armería e Salado (5.191 km2; 488.028 h [1995]). A capital é Colima. A maior parte do territorio está ocupado por unha chaira costeira, agás no N e no L, onde está accidentado polos contrafortes de Sierra Madre Occidental. Ten grandes bosques tropicais dos que se obteñen madeiras preciosas de calidade e unha gran variedade de froitas. As principais actividades económicas son a agricultura (azucre, café, arroz), a gandería e a minería (principalmente xacementos de ferro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de colimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que ten capacidade de colimar.

    2. Instrumento empregado para individualizar unha visual. Úsase en topografía e nos mecanismos de puntería das armas de fogo.

    3. Dispositivo óptico para dar, completa ou parcialmente, a imaxe dunha fonte luminosa e facer paralelos os raios luminosos que proveñen dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Confinar a radiación emitida por unha fonte a un feixe ben definido de raios paralelos ou ben ocupando un determinado ángulo sólido.

    2. Facer pasar por un punto dado unha visual móbil desde un instrumento óptico.

    3. Dar a imaxe dunha fonte luminosa individualizando un feixe de raios paralelos.

    VER O DETALLE DO TERMO