"Comuna de París" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Administración revolucionaria de París (1789-1795). A partir do 14 de xullo de 1789 substituíu o corpo municipal e presidiuna Bailly. A Comuna insurreccional (9 de agosto de 1792) converteuse no verdadeiro motor da revolución, pero aceptou a súa substitución progresiva (setembro de 1793) polo Comité de Salvación Pública. Coa súa caída desapareceu como forza política, aínda que continuou funcionando ata a disolución da Convención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección revolucionaria acontecida en París do 18 de marzo ao 28 de maio de 1871. Iniciouse cando Thiers, nomeado xefe do poder executivo pola Asemblea Nacional de Bordeos, tentou desarmar a Garda Nacional de París, sitiada polo exército prusiano de Bismarck. A resposta popular, coa ocupación do concello e a execución de dous xenerais, obrigou a Thiers a fuxir a Versailles. Ademais do comité central da Garda Nacional, os grupos revolucionarios de París constituíano fundamentalmente os xacobinos, os partidarios de Blanche e os obreiros internacionalistas. Estes grupos enfrontáronse coa burguesía, que se aproximara ás tendencias de Bismarck. O 26 de marzo, o comité central da Garda Nacional organizou, mediante sufraxio universal, a elección dunha “Comuna”, composta sobre todo por xacobinos e partidarios de Blanche. A Comuna constituíuse desde un principio como órgano executivo e lexislativo. Substituíu o exército permanente pola Garda Nacional, puxo a policía e toda a administración baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO