"Conrado" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Prenome masculino. Etimoloxicamente provén do latín Conradus ou Chonradus, adaptación do antigo alemán Chuonrat, Chonrad ou Kuonrad, nome persoal xermánico composto de kuoni ‘audaz, afouto’ e rad, rat ‘consello’. Levaron este nome varios emperadores xermanos dos ss X ao XIII e varios santos medievais, como Conrado de Constanza (?-976), Conrado de Claraval (1125-?) ou Conrado de Piacenza (1290-1351).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (1125 -?) Monxe cisterciense, discípulo de san Bernaldo. Cando se dirixía a Terra Santa en peregrinación, naufragou nas costas do sur de Italia e quedou alí facendo vida de anacoreta. Na iconografía viste hábito cisterciense e leva como atributo unha coroa real colocada no chan (como símbolo da súa renuncia a tal dignidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (? - 976) Bispo e confesor da cidade alemá de Constanza (934-976). Da familia dos güelfos, foi bispo de Augsburgo. Peregrinou tres veces a Xerusalén, fundou igrexas e un hospital, e asistiu aos concilios de Ingelheim (948), Augsburgo (952) e Roma (969). Foi canonizado por Calisto II no 1123. Na iconografía viste de pontifical con capa e casula ancha, mitra e báculo; leva como atributo persoal un cáliz cunha araña enriba. A súa festa celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano e arcebispo de Marburgo. Inocencio III enviouno á cruzada contra os albixenses e Gregorio IX nomeouno inquisidor en Alemaña, onde perseguiu os cátaros e os valdenses. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (? 1290 - 1351) Terciario de san Francisco. Peregrinou a Roma e a Sicilia, e logo retirouse ao deserto. Na iconografía viste hábito franciscano e leva atributos relacionados coa caza (un cervo, unha frecha, etc). A súa festa celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Mazovia e de Cracovia, fillo do Rei Casimiro II de Polonia e irmán de Leszek II o Branco. Recorreu á orde teutónica para rexeitar as razzias de Prusia e concedeulle a rexión de Chelmno (Kuln), feito que iniciou a introdución da orde en Prusia. O seu irmán deulle en patrimonio Mazovia e Kuiavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Monferrato (1188?-1192), señor de Tiro (1187-1192) e rei electo de Xerusalén, fillo e sucesor de Guillerme III de Monferrato. Axudou a Isaac II Ánxelo na loita contra os xermanos e casou coa súa irmá Teodora, da que se separou pouco despois. Entrou en Tiro en 1187 e, trala defensa do sitio de Saladino, tomou posesión da cidade. Casou en 1190 con Isabel de Anjou, raíña de Xerusalén, pero tivo que vencer, coa axuda de Filipe II Augusto de Francia, a resistencia do rei consorte Guido de Lusignan, apoiado por Ricardo I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (? - 918) Rei de Xermania (911-918) e duque de Franconia (906) e de Glismut, fillo de Conrado o Vello. Sucedeu a Luís III o Neno, derradeiro membro da liñaxe dos carolinxios xermánicos, como rei de Xermania. Enfrontouse ás invasións dos eslavos e dos maxiares, e loitou contra os duques de Baviera, Saxonia e Suabia. Fracasou no intento de recuperar Lorena, que pertencía a Carlos III de Francia e renunciou a instaurar a súa familia no trono, polo que designou sucesor a Enrique I o Paxareiro, duque de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Sálico (? 990 - Utrecht 1039) Emperador romano-xermánico (1027-1039), rei de Xermania (1024) e dos Lombardos (1026). Fundador da dinastía sálica ou de Franconia, emprendeu unha política de consolidación da autoridade do emperador ao enfrontarse aos señores feudais. Sufocou as rebelións na Lombardia e estendeu o seu goberno. Cedeulle a comarca de Slesvig, no S da Península de Xutlandia, ao Rei Canuto pero recibiu o reino de Borgoña (1033) e, no mesmo ano, someteu Polonia a vasalaxe. Sucedeuno o seu fillo, o futuro Emperador Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conrado V Hohenstaufen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xermania e dos romanos (1127-1135 e 1138-1152), fillo de Federico I, duque de Suabia e fundador da dinastía Hohenstaufen ou de Suabia. Nomeado duque de Franconia polo seu tío o Emperador Enrique V, opúxose ao Emperador Lotario III e foi coroado temporalmente rei dos romanos en Milán (1128). Reconciliado con Lotario III, sucedeuno como rei de Xermania, fronte ao poder do güelfo Enrique X o Soberbio, duque de Saxonia e Baviera. O enfrontamento entre ambos os dous provocou unha devastadora guerra civil que deu orixe ás loitas entre güelfos e xibelinos. Morreu despois de participar na Segunda Cruzada (1147-1149) sen conseguir dominar o feudalismo xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos romanos e de Xermania (1237-1254), rei de Sicilia (1251-1254) e duque de Suabia. Recibiu tamén o título nominal de rei de Xerusalén (1250-1254). Segundo fillo do Emperador Federico II, enfrontouse primeiro ao landgrave de Turinxia, elixido pola facción papal dos príncipes alemáns, e ao conde Guillerme de Holanda, que se sublevou contra Federico II despois de ser excomungado e deposto polo Papa Inocencio IV. Sucedeu a seu pai como rei de Sicilia e comezou unha campaña en Italia (1250) para consolidar o reino. Morreu despois da toma de Nápoles e os dereitos pasaron ao seu fillo Conrado V, chamado Conradino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Suabia, fillo de Conrado IV. Coñecido como Conradino, herdou do seu pai os dereitos sobre os reinos de Sicilia e Xerusalén. O Papa Urbano IV despoxouno do reino de Sicilia en favor de Carlos de Anjou e logo da derrota do rexente Manfredo Conrado, apoiado polos xibelinos, encabezou un exército para reconquistar Nápoles. Foi derrotado por Carlos de Anjou, quen o mandou executar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado e deportista. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1958). En 1962 ingresou na carreira xudicial: foi xuíz de primeira instancia e instrución, maxistrado de traballo e en 1989 incorporouse como maxistrado ao Tribunal Superior de Justicia de Madrid. Como deportista federado, practicou diversas disciplinas (baloncesto, balonmán, voleibol, pesca submarina, pelota, tenis, caza, pesca, tiro, fútbol e natación), pero destacou especialmente no atletismo. Participou en competicións de saltos (lonxitude, altura e triple), velocidade (200 m) e lanzamento (peso, disco e martelo). Nestas últimas modalidades obtivo os seus maiores éxitos: en lanzamento de disco foi plusmarquista galego xuvenil e subcampión de España, preseleccionado para os Xogos Olímpicos de Roma 1960; en lanzamento de peso foi plusmarquista galego xuvenil e absoluto. Acudiu aos campionatos mundiais de Bruxelas 1963 e Salónica 1964. Capitaneou o club Hércules da Coruña e proclamouse campión...

    VER O DETALLE DO TERMO