"Consello de Galiza" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Organismo constituído o 15 de novembro de 1944, segundo unha iniciativa de Afonso Daniel Rodríguez Castelao e da Irmandade Galega, que pretendía reunir a todos os elementos republicanos galegos, aínda que só contou coa presenza de catro deputados: Castelao, R. Suárez Picallo e Alonso Ríos, do PG, e Elpidio Valladares, de Izquierda Republicana. No seu nacemento influíu o lehendakari vasco no exilio, Aguirre, quen buscaba un interlocutor para a reconstrución de Galeuzca, e a futura reinstauración dos estatutos de autonomía aprobados durante a Segunda República. A lexitimación deste organismo partía da elección dos deputados que o compuñan no plebiscito do 28 de xuño de 1936. Castelao foi nomeado o seu presidente e durante os anos seguintes mantivo unha notable actividade política: asistiu ás Cortes celebradas en México e integrouse no goberno republicano no exilio en marzo de 1946. No 1947 ingresou o deputado Alfredo Somoza. Á morte de Castelao (1950), o Consello perdeu boa parte da súa influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego subtitulada “Boletín oficial informativo” que apareceu en Bos Aires a partir de 1963, editada polo Consello de Galiza. Da súa redacción encargáronse Moisés da Presa, Luís Guede, Manuel Pedreira, Ricardo Flores e Manoel Pazos. Difundía as ideas da institución, obxectivos e actividades, ilustradas con fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO