"Cosenza" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada na rexión de Calabria, Italia (75.033 h [1999]). Importante centro industrial e agrícola (viña e oliveiras), destaca a fabricación de mobles, a construción e os tecidos (la). Correspóndese coa antiga Cosentia, capital do Brucio, que foi sometida polos romanos no 204 a C e dominada despois, sucesivamente, por bizantinos, sarracenos e normandos. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral medieval, reconstruída no s XVIII, e o castelo do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Calabria, Italia (6.650 km2; 746.695 h [estim 1999]). A súa capital é Cosenza.

    VER O DETALLE DO TERMO