Tizona
Tizona
Espada que, xunto á chamada Colada, pertenceu ao Cid Campeador. Documentouse a súa pertenza aos condes de Barcelona e Urgell nas primeiras décadas do s XI e despois do Cid, volveu ser propiedade da casa condal, ao casar María, filla deste, con Ramón Berenguer III de Barcelona. Posuírona Xaime II de Aragón, Pedro IV de Aragón, Martiño I de Aragón e Fernando I de Aragón, quen seguramente lla regalou ao seu sobriño Xoán II de Castela e, por esta razón, apareceu no inventario dos bens de Isabel I de Castela.