Concello da Terra Chá, situado no NL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Vilalba, Abadín e A Pastoriza, ao L, cos de Castro de Rei, ao S, con Outeiro de Rei (Lugo), Castro de Rei e Begonte, e ao O, con Begonte e Vilalba. Abrangue unha superficie de 144,8 km 2 , nos que acolle unha poboación de 6.122 h, distribuídos nas parroquias de Arcillá (167 h), Bestar (80), Bexán ou Rubiños (98), Cospeito (228), Goá (701), Lamas (98), Momán (187), Muimenta (1.009), Pino (611), Rioaveso (267), Roás (378), Santa Cristina (418), Seixas (151), Sisoi (84), Sistallo (596), Támoga (141), Vilapene (192), Vilar (38), Xermar (345) e Xustás (333). A capital municipal é A Feira do Monte, na parroquia de Sistallo, situada a 43° 14’ de latitude N e 7° 34’ de lonxitude O, 117 km ao NL de Santiago de Compostela e 28 km ao N de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Vilalba, á provincia de Lugo e á diocese de Mondoñedo-Ferrol. Xeografía física O...
Publicación trimestral en castelán que apareceu en xaneiro de 1980 en La Habana. Subtitulada “Sociedad hijos del ayuntamiento de Cospeito”, dirixiuna Eliseo Cañí Sánchez e colaboraron Luis Coloma Delgado e Eliseo Fernández Villamil. Ocupábase das novas culturais que chegaban da Península, relacionadas co cine, a edición de libros, a música e as exposicións de arte; publicou ademais entrevistas e diversos artigos sobre intelectuais americanos e a cultura española en Cuba.