"Croco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • Que ten flaxelos en posición apical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor benigno da pel, moi frecuente, que corresponde a unha excrescencia pedunculada duns 2 cm de diámetro, mol e elástica, que aparece sobre todo no pescozo, nas pálpebras, nas costas, nas axilas e nas inguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acrópole da antiga Corinto. As escavacións arqueolóxicas que alí se realizaron contribuíron ao establecemento dunha seriación cronolóxica das cerámicas gregas preáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amante da ninfa Esmílax. Como castigo a este amor desgraciado, Croco foi transformado en azafrán e Esmílax na planta homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crocodilianos.

    2. Réptil da orde dos crocodilianos.

    3. Orde de réptiles diápsidos á que pertencen os crocodilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crocodílidos.

    2. Réptil da familia dos crocodílidos.

    3. Familia de réptiles á que pertence o xénero Crocodylus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal de cabeza grande, afundida e alongada no fociño, cun corpo semellante ao dun lagarto pero con placas córneas por enriba en vez de escamas. Ten a cola longa e moi poderosa, que lle serve coma órgano propulsor para a natación ou a defensa. As patas son curtas, as anteriores teñen cinco dedos libres ou unidos por unha membrana, e as posteriores teñen catro, de carácter membranoso. Son animais ben adaptados ao medio acuático. Os orificios nasais ábrense no extremo do morro, en posición dorsal, e están dotados dun sistema valvular que lles permite pechalos cando o animal se somerxe; os pulmóns teñen unha gran capacidade e poden almacenar o aire suficiente para as inmersións, que poden ser breves ou moi longas. A miúdo permanecen completamente mergullados, soamente cos orificios nasais e cos ollos na superficie, feito que lles permite vixiar constantemente, buscando posibles víctimas. Entón, mediante un pregamento palatino, poden separar o aparello respiratorio completamente do dixestivo,...

    2. Animal duns 3,5 m de longo que se caracteriza por ter o fociño moi longo. Está distribuído dende Ecuador ata Florida.

    3. Animal que mide entre 4 e 5 m de longo. Vive nos ríos da zona tropical e subtropical de África.

    4. Animal que chega aos 5 m de longo e que ten o fociño moi longo. Vive nas augas interiores da península de Malaca e das illas de Borneo e Sumatra.

    5. Animal de ata 1,75 m de lonxitude e cun tabique nasal óseo. Vive en África occidental, especialmente na cunca do río Congo.

    6. Animal de ata 5 m de lonxitude. Vive nos ríos e en zonas lamaguentas da India, Sri Lanka, Myanmar, etc.

    7. Animal de ata 10 m de lonxitude. É característico dos esteiros dos ríos meridionais da India, Sri Lanka, Myanmar, China meridional, etc. A miúdo penetra no mar ata 100 m da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles ao que pertencen os crocodilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromato de chumbo, de fórmula PbCrO4. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos que presentan estrías. Ten unha cor vermella alaranxada ou amarelenta. Está asociada con piromorfita, cerusita e outros minerais secundarios do chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo rei da rexión de Eleusis, antepasado das familias sacerdotais dos Cronconidas, fillo de Triptólemo e irmán de Cerón. Casou con Sésara, filla de Céleo. Unha das súas fillas, Meganira, casou con Árcade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de odonatos da familia dos libelúlidos, composto por libélulas de cor vermella e larvas que se desenvolven, principalmente, en augas de pouca corrente. En Galicia está presente a especie C. erythraea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos falacrocorácidos.

    2. Ave da familia dos falacrocorácidos.

    3. Familia de aves á que pertencen os corvos mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao macrocosmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que considera o Universo como un grande organismo, semellante ao home ou microcosmos. A doutrina desta mutua correspondencia é propia de correntes filosóficas ocultistas e máxicas, e repítese en diversos autores renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás micrococáceas.

    2. Bacteria da familia das micrococáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das eubacterias, que está formada por cocos aerobios ou facultativos Gram-positivos que se agrupan en cadeas ou acios. Son saprófitos de vida libre. Os membros máis importantes da familia son os micrococos e os estafilococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias eubacteriais, da familia das micrococáceas, aerobias, sen esporas, inmóbiles, que se agrupan dunha forma irregular. Fermentan a lactosa, non producen ácido a partir da glicosa en condicións anaeróbicas e non son moi patóxenas. Atópanse no aire e nas augas naturais e industriais, e contaminan moitos alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria esférica moi pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pupila de tamaño anormalmente pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao microcosmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mundo de pequenas dimensións.

    2. Ser humano considerado como reflexo e compendio do universo en correspondencia e, ao mesmo tempo, en contraposición ao macrocosmos.

      1. Comunidade que se atopa illada ou nun medio extremo, constituída por poucas especies e de baixa especialización.

      2. Dispositivo experimental, xeralmente pequeno, como por exemplo un acuario, un frasco de laboratorio ou unha placa de Petri, que permite seguir a evolución dunha comunidade de organismos, cos cambios que se queren estudar.

    VER O DETALLE DO TERMO