microcosmos
microcosmos
(< micro- + cosmos)
-
s
m
Mundo de pequenas dimensións.
-
s
m
[FILOS]
Ser humano considerado como reflexo e compendio do universo en correspondencia e, ao mesmo tempo, en contraposición ao macrocosmos.
-
s
m
[MICROB]
-
Comunidade que se atopa illada ou nun medio extremo, constituída por poucas especies e de baixa especialización.
-
Dispositivo experimental, xeralmente pequeno, como por exemplo un acuario, un frasco de laboratorio ou unha placa de Petri, que permite seguir a evolución dunha comunidade de organismos, cos cambios que se queren estudar.
-