microcosmos

microcosmos

(< micro- + cosmos)

  1. s m

    Mundo de pequenas dimensións.

  2. s m [FILOS]

    Ser humano considerado como reflexo e compendio do universo en correspondencia e, ao mesmo tempo, en contraposición ao macrocosmos.

  3. s m [MICROB]
    1. Comunidade que se atopa illada ou nun medio extremo, constituída por poucas especies e de baixa especialización.

    2. Dispositivo experimental, xeralmente pequeno, como por exemplo un acuario, un frasco de laboratorio ou unha placa de Petri, que permite seguir a evolución dunha comunidade de organismos, cos cambios que se queren estudar.