"DME" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei mitolóxico de Feres de Tesalia. Foi un dos argonautas. Apolo, agradecido pola hospitalidade que lle deu Admet, ofrécelle escoller un substituto para a hora da súa morte. Alcestis, a súa muller, aceptou morrer no seu lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de papiros conservada en Cologny (Xenebra), propiedade do mecenas Martin Bodmer. Conta con numerosos textos clásicos bíblicos.
-
PERSOEIRO
Medievalista e teorizador da poética suíza. É autor de Kritische Abhandlung vom Wunderbaren (Tratado crítico sobre o marabilloso, 1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Viviu en Roma entre 1723 e 1732, alí coñeceu o Clasicismo. Traballou en Versailles e en París onde realizou a Fonte da rúa Grenelle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, poeta e dramaturgo francés. Atacou a Molière e discutiu con Boileau. É o autor de Le mercure galant (O mercurio galante, 1683) e de Ésope à la cour (Esopo no curral, 1711).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Tebas, Grecia, chamada deste xeito polo nome seu fundador, Cadmos. Sobre as súas ruínas construíuse o castelo medieval de San Homero (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de determinación da distancia dunha aeronave respecto dunha estación de terra, baseado nas propiedades radioeléctricas do radar. Combinada co sistema VOR ou co TACAN, emprégase moito na navegación aérea instrumental.
-
CIDADES
Cidade do megye de Csongrád, Hungría (48.000 h [2000]). É o mercado dunha fértil comarca agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal de Francia e duque de Magenta. De orixe irlandesa, foi gobernador de Alxeria (1864-1870), interveu na Guerra Franco-prusiana e estivo prisioneiro en Sedan. Despois de reprimir a Comuna de París de 1871, foi presidente da República en substitución de Thiers (1873-1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou as deformacións elásticas dos sólidos e os principios da hidrodinámica. Foi un dos primeiros en prever o tempo atmosférico, baseándose nas modificacións do barómetro. En 1676 confirmou experimentalmente a lei que relaciona o volume e a presión dos gases a temperatura constante (lei de Boyle-Mariotte).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Reflectiu as súas experiencias en 250 volumes, entre outros, La fille naturelle (1769), Le paysan perverti (1775), La vie de mon père (1779), Les contemporaines (en 42 volumes, 1780-1785), Nuits de Paris (1783) e as memorias amorosas Monsieur Nicolas (1794-1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.