Sandmeyer, reacción de
Sandmeyer, reacción de
[QUÍM]
Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.