"Datu" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Proposta ou condición de alguén como candidato.
-
Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.
-
Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía da illa de Borneo, no estado de Sarawak, Malaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto fundamental da triangulación, determinado astronomicamente, a partir da que se elaboran os mapas. Na cartografía española empregouse como datum o vértice da cúpula do Observatorio Astronómico Nacional, pero na década de 1970 substituíuse polo Datum Europeo ou Datum Postdam, orixe da Rede Xeodésica Local Europea, establecido en 1950 na posición astronómica da Torre de Helmert desa cidade alemana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da plantas, da familia das solanáceas, caracterizadas por presentar flores pentámeras con forma de funil, que comprende dez especies das zonas tropicais e cálidas do mundo. En Galicia están presentes, como especies alóctonas, de orixe americana: D. stramonium, de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica; e D. arborea, procedente dos Andes peruanos, con follas caducas grandes e oblongas, flores brancas de ata 250 mm e fedorentas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiosciamina.
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, India, situada ao O de Nellore (133.860 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para modificar a afinación habitual dunha ou máis cordas dun instrumento, segundo a afinación indicada no inicio da partitura.