"Derio" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • GALICIA

    Sindicalista, líder da CNT. Retornado de Arxentina, participou na fundación da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores e do xornal Revolución, dos que se arredou a finais de 1931 debido á inxerencia do PCE local. En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e contribuíu a organizar o grupo Natura da FAI. Coñecido no Morrazo polo seu labor de asesoramento dos sindicatos mariñeiros, chegou a representar a Fraternidad Marinera de Moaña no Congreso da CNT, celebrado en maio de 1936 en Zaragoza. Detido nos primeiros días da Guerra Civil, foi condenado a morte e logo conmutada a pena por nove anos de cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, situado ao NL de Bilbao (4.677 h [1996]). Desde 1966 ata finais dos anos oitenta foi un barrio industrial anexionado a Bilbao. Forma parte do Gran Bilbao e a súa economía continúa baseándose na industria, cunha importante presenza de empresas dedicadas ao metal, ao papel e aos materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei longobardo (757-774), sucesor de Astolfo. Ocupou os Estados da Igrexa durante o goberno do Papa Adriano I, quen lle pediu axuda a Carlomagno, que fora xenro de Desiderio. Durante a guerra (773-774) foi derrotado por Carlomagno e recluíuse nun mosteiro franco, onde morreu. Con Desiderio rematou o reino longobardo, que foi anexionado por Carlomagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Foi autor do monumento a Carlo Marsuppini en Santa Croce (1453?), do altar de mármore da igrexa de San Lourenzo (1461) e dalgúns motivos ornamentais da capela Pazzi. Realizou bustos femininos e de nenos entre os que destacan os da Madonna Panciatichi (Virxe Panciatichi) e de San Xoán e Xesús, nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome augural cristián tomado do substantivo latino desiderius ‘desexo’, que expresa o desexo da divina salvación ou proclama que o nacemento dese fillo fora longamente desexado (como Deogracias, do latín Deo gratias ‘deamos grazas a Deus’). Presenta o hipocorístico Xirelo para a forma masculina. Houbo varios santos con este nome: un bispo mártir de Langres (s V); un arcebispo de Besançon (s V); un arcebispo de Bourges (VI); e un bispo de Vienne (Francia), que morreu lapidado acusado de conspirar contra Brunilda. Tamén recibiu este nome o derradeiro rei dos longobardos (s VIII). A súa festividade celébrase o 25 de marzo e o 23 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.

    2. Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.

    3. Travesa dunha grade.

    4. Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.

    5. Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e nos Países Baixos e Reino Unido. Nun primeiro momento recibiu a influencia racionalista, como o emprego da cuberta plana e do vidro e o formigón, e despois incluíu elementos rexionalistas, como a galería de cristais, ou eclécticos, como a mansarda. Participou no Plan de Escuelas Rurales e no Plan e Vigencia de Escuelas de Vigo, baixo o Ministerio de Educación y Ciencia, polo que construíu un bo número de colexios públicos. Realizou tamén edificios de vivendas e, entre outras obras, o centro parroquial de Santa Baia de Alcabre (1996). O seu interese pola música levouno o deseño de salas de música e en 1988 recibiu o Premio Dragados y Construciones da Fundación CEOE pola rehabilitación do antigo Teatro García Barbón de Vigo (Centro Caixanova).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dominio que se ten sobre algo ou alguén.

    2. Vigor ou forza física dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO