"Dora" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

  • Máquina que serve para pulir, alisar e aplanar superficies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Digno de ser adorado.

    2. Que marabilla,  que causa adoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de adorar e de render culto.

    2. Acto esencial da relixión co que o crente recoñece a dependencia total da divindade e a súa superioridade infinda. É o acto que inspira habitualmente a vida do crente e que adoita ser expresado en pregarias, himnos e demais, xunto con actitudes corporais como a reverencia profunda, o acatamento ou a prostración.

    3. Efecto dunha paixón e amor profundos dirixidos cara a algo ou alguén que teña un significado especial para unha persoa.

    4. Tema artístico que ten a súa orixe na escena da Epifanía do Evanxeo segundo San Mateo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo   procedente do latín adorationem ‘adoración’. Na súa orixe era un nome común de xénero feminino que pasou despois a se converter en nome propio de muller. Este nome lembra a adoración dos Magos de Oriente ao neno Xesús en Belén relatada polo evanxeo de san Mateo. A festa da Adoración ou dos Reis celébrase cada 6 de xaneiro. O hipocorístico deste nome é Dora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa de tendencia católico-conservadora xurdida nos anos cincuenta do século XX e subtitulada “Sección de La Coruña”. Informaba sobre as datas, os turnos e as vixilias dos adoradores, amais sobre coloquios espirituais e outros temas relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen adora, que marabilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Próximo á boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prestar culto a unha divindade ou a algo divinizado.

    2. Facer culto dirixido a algunha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retablo portátil, en forma de díptico ou de tríptico, con imaxes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixiosa dunha orde fundada no 1850 en Madrid por Micaela Desmaisières, vizcondesa de Jobalán (María Micaela do Santísimo Sacramento) para acoller e instruír rapazas. A orde chamouse Congregación de Relixiosas Adoratrices Escravas do Santísimo e da Caridade (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina de afeitar eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘costureira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pechadura’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘guindastre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga peza de roupa interior con mangas, semellante a unha camisa que levaban os homes e as mulleres indistintamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político brasileiro pro-gobernamental fundado en 1965 polo goberno militar do Xeneral Castelo Branco. Baixo o artificial sistema bipartidista, ostentou a maioría parlamentaria dende 1966. Foi disolto oficialmente en 1979, coa liberalización do réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín amatorem ‘que ama’. A festa de santo Amador (ss IV-V), Bispo de Auxerre (Francia), celébrase o 30 de abril e o 1 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Lisboa, Portugal (181.774 h [1991]). É un centro urbano que gravita na órbita de Lisboa, ao O da capital, practicamente conurbado con ela e unido pola autoestrada A-5, que actúa como unha avenida máis da urbe. O desenvolvemento desta vía de alta capacidade permitiu un proceso de periurbanización que provocou que a localidade experimentara un espectacular incremento demográfico, pasando dos 95.518 habitantes en 1988 a 181.774 no 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada para apisoar o chan, composta xeralmente duns cilindros metálicos moi pesados, sobre os que se despraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Luminosidade ou fosforescencia que ás veces se ve no mar debido ao movementos dos peixes ou doutros organismos.

    2. Procedemento propio da pesca tradicional na localicación dos bancos de peixe, principalmente da sardiña. Realízase nas noites de lúa chea, cando a claridade permite atopar os cardumes ou bancos deste peixe pola fosforescencia que os seus movementos producen ao transitar cerca da superficie. O patrón da lancha ou barco sitúase na proa, ollando a superficie; nese momento indícalle a un mariñeiro que golpee o mar co pandullo ou balo, e as sardiñas, asustadas polo impacto e ruído, escapan cuns movementos rápidos, producindo esa ardentía no mar. Os expertos poden determinar a que distancia da superficie está o banco e mesmo de que tipo de peixe se trata, tan só polo movemento desa fosforescencia. Historicamente, ir á ardora e o emprego do pandullo xerou numerosos litixios entre a clase mariñeira debido a que, ao golpear o mar os bancos de sardiña se asustaban e abandonaban o espazo das rías, prexudicando así a outros mariñeiros que se dedicaban a pescar polo día. A xeneralización da práctica...

    VER O DETALLE DO TERMO