Amadora

Amadora

Cidade do distrito de Lisboa, Portugal (181.774 h [1991]). É un centro urbano que gravita na órbita de Lisboa, ao O da capital, practicamente conurbado con ela e unido pola autoestrada A-5, que actúa como unha avenida máis da urbe. O desenvolvemento desta vía de alta capacidade permitiu un proceso de periurbanización que provocou que a localidade experimentara un espectacular incremento demográfico, pasando dos 95.518 habitantes en 1988 a 181.774 no 1991.