"Dromia" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Calidade de antídromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cangrexos, da suborde dos braquiúros, ao que pertence a especie D. personata, de ata 11 cm de lonxitude, de cor rosa, que vive en fondos rochosos da Península Ibérica, entre os 2 e os 200 m de profundidade. Presenta o corpo recuberto dunha densa pilosidade, agás os extremos das pinzas. As máis das veces mantén agarrados, sobre el, anacos de esponxas para camuflarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de navegar a vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curva dunha superficie que forma coas xeratrices un ángulo constante. Teñen unha especial importancia as loxodromías dunha superficie esférica, aplicadas á superficie da Terra.

    2. Curva arqueada descrita sobre a superficie esférica terrestre por un punto que xira ao redor do polo afastándose continuamente e que corta os meridianos cun ángulo constante. É a traxectoria da nave que vai navegando sen cambiar de rumbo, cando este non é nin tramontana nin mediodía, nin levante nin poñente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña máis curta entre dous puntos, que nunha superficie esférica é o arco do círculo máximo que pasa polos dous puntos.

      2. Liña de menor lonxitude de todas as que pasan por dous puntos dados da superficie terrestre.

    1. Rota dunha embarcación ou dunha aeronave que coincide coa ortodromía dos seus puntos de partida e de chegada. Dado que é a distancia máis curta entre dous puntos da superficie terrestre, é a rota en que teoricamente procuran navegar os pilotos das embarcacións e, especialmente, os das aeronaves.

    VER O DETALLE DO TERMO