"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

    1. Acción de adecuar ou de adecuarse.

    2. Adaptación a un sistema ou a un lugar.

    3. Correspondencia e identidade entre termos que están presentes nunha relación morfolóxica ou sintáctica.

    4. eficacia biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de adecuar.

    2. Proporcionado, completamente suficiente, para un obxecto, para un fin ou para un propósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer adecuado, axeitar para que poida ser empregado cara a un fin previamente establecido.

    2. Converterse en adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propliopithecus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o Afropithecus turkanensis, definido por Meave e Richard Leakey no ano 1986 a partir duns restos faciais e poscraniais atopados en Kalodirr (Quenia). Segundo Harrinson debería incluírse nunha única superfamilia de catarrinos primitivos do Mioceno superior -Proconsulidae- da que xurdiron os posteriores homínidos. Andrews, pola contra, propón resolver a cuestión da diversificación deses homínidos na tribo Afropithecini. A súa localización na orixe dos homínidos proposta en diversas sistemáticas está en contradición co poscranial, pois indica unha locomoción cuadrúpede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á agricultura e á gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Licenciado en Dereito, presidiu as xuventudes de Acción Católica de Bizkaia. O 14 de abril de 1931, día da proclamación da Segunda República Española, xunto cun grupo de correlixionarios, proclamou a República Vasca, sen repercusión ningunha. Foi deputado das tres lexislaturas da Segunda República, e como alcalde de Getxo presidiu a comisión designada para estruturar o Estatuto de Lizarra. Reflectiu o seu ideario no libro Entre la libertad y la revolución 1930-1935 (1935). Aprobado o Estatuto de Autonomía de Euskadi o 1 de outubro de 1937, foi elixido lehendakari o 7 do mesmo mes. En agosto de 1937 instalouse coa delegación vasca en Barcelona, e en xaneiro de 1939 trasladouse co seu goberno a París. A Segunda Guerra Mundial sorprendeuno no norte de Francia, fuxindo a América nunha peripecia que contou en De Guernica a Nueva York, pasando por Berlín (1943). Regresou a París no 1945, antes de rematar a Segunda Guerra Mundial, onde reorganizou o goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primate do Eoceno tardío de Birmania de talle pequeno. Por mor dos seus premolares parece un simio, non obstante os seus molares son de tipo prosimio. Este feito e a súa tendencia ao ortognatismo obrigan a pensar que é un antepasado dos simios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno medio de Turquía. Resulta difícil establecer as relacións evolutivas deste xénero, sen embargo, é probable que represente unha pola lateral da tribo Ponginae, polo que tería a súa orixe na dispersión dos Griphopithecus hai 14 M a por Eurasia procedentes de África. A única especie definida neste xénero é o A. meteai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de homínidos fósiles do Plioceno (4,5 M a) procedentes da depresión de Afar (Etiopia). Foi descrito por White en 1994 a partir duns restos fragmentarios e diversos dentes. Os seus descubridores sitúanos na base da liñaxe humana; sen embargo, moitos paleoantropólogos prefiren inscribilos na liña dos chimpancés. Así mesmo, a presenza de trazos moi primitivos permite afastalos dos australopitecos, debido a que entre eles hai acusadas diferencias a nivel xenérico. A única especie descrita neste xénero é Ardipithecus ramidus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos esternoptícidos ao que pertence a machada luminosa espiñenta e a machada luminosa horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxeñeiro. Publicou dúas obras: Elementos de Geometría y su aplicación a la resolución de algunos problemas para uso de los aspirantes a maquinistas de la Marina mercante (1898) e Elementos de Aritmética, escritos con arreglo a los programas vigentes en las Escuelas de Maestranza y aspirantes a maquinistas (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar nun curruncho.

    2. Encoller o corpo a causa dun perigo, medo, frío, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • onde A é o factor de frecuencia, independente da temperatura; E é a enerxía de activación e R é a constante dos gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia de oscilación comprendida dentro da banda de audio (entre 15 e 20.000 Hz), perceptible polo oído humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de homínidos fósiles do Plio-Plistoceno de África oriental e meridional situado, de forma xenérica, na ascendencia da liñaxe humana; sen embargo, a evolución e as relacións filéticas entre as diferentes especies deste grupo precisaranse máis a medida que progresen as investigacións. Este xénero defínese por unha serie de trazos anatómicos ben marcados que o separan doutros homínidos fósiles (Ardipithecus, Paranthropus, etc). Eran seres cunha forma particular de bipedismo, tiñan un talle miúdo (1-1,5 m), capacidade cerebral baixa (400-500 cm3), cranio alongado e baixo con occipital saínte e anguloso, prognatismo facial, dieta progresivamente vexetariana e estaban adaptados a diferentes nichos ecolóxicos, amosando estratexias evolutivas ben diferenciadas entre si. Así mesmo, hai investigadores que recoñecen nos Australopithecus unha capacidade para elaborar artefactos. A partir da descuberta do “neno de Taung” realizada por Dart en 1924, comezou...

    VER O DETALLE DO TERMO