Ardipithecus

Ardipithecus
[PALEONT]

Xénero de homínidos fósiles do Plioceno (4,5 M a) procedentes da depresión de Afar (Etiopia). Foi descrito por White en 1994 a partir duns restos fragmentarios e diversos dentes. Os seus descubridores sitúanos na base da liñaxe humana; sen embargo, moitos paleoantropólogos prefiren inscribilos na liña dos chimpancés. Así mesmo, a presenza de trazos moi primitivos permite afastalos dos australopitecos, debido a que entre eles hai acusadas diferencias a nivel xenérico. A única especie descrita neste xénero é Ardipithecus ramidus.

Palabras veciñas

Ardilosa ou punta Medá | ardimento | Ardines, Covas de | Ardipithecus | ardite | Ardlicka, Ales | ardoa