"ERASMUS" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Científico. Descubriu a birrefrinxencia da calcita (1699), e describiuna en Experimenta crystalli islandici disdiaclastici quibus mira et insolita refractio detegitur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, biólogo e poeta inglés, avó de Charles R. Darwin e de Francis Galton. Estudiou nas universidades de Cambridge e Edimburgo, e exerceu a medicina en Lichfield. No libro Zoonomia or the laws of organic life (Zoonomía ou leis da vida orgánica, 1794-1796) anticipouse ás teorías sobre a orixe dos seres vivos elaboradas por Jean-Baptiste Lamarck e Ch. R. Darwin, e a Ivan Pavlov no tocante á intelixencia e á emoción. Tamén é autor de The temple of nature or the origen of society (O templo da natureza ou a orixe da sociedade, 1803) e de The botanic garden (O xardín botánico, 1794-1795).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección do programa comunitario SÓCRATES II dedicada ao ensino superior que continúa e amplía o programa de acción comunitario en materia de mobilidade dos estudiantes universitarios, establecido en 1987. Os seus principais obxectivos son apoiar as actividades europeas das institucións de ensino superior e promover a mobilidade e intercambio do seu persoal docente e dos seus estudiantes. No programa SÓCRATES e na súa acción ERASMUS participan, ao longo do período que abrangue do 24 de xaneiro de 2000 ata finais de 2006, trinta países: os dezaoito estados membros do Espacio Económico Europeo (EEE) e mais doce países asociados (Hungría, Romanía, República Checa, Eslovaquia, Polonia, Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovenia, Malta e Chipre).