"Edrosa" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • GALICIA

    Militar. Emigrou a Bos Aires en 1789, onde se estableceu como comerciante. Tomou parte na defensa da vila contra a invasión británica (1807) como subtenente dunha compañía de granadeiros, dentro do Tercio de Galegos. Logo do alzamento nacional arxentino (1810), integrouse na Mariña dos sublevados como primeiro oficial da goleta Invencible, capitaneada polo tenente coronel Azopardo. Derrotado nun combate contra navíos españois (2.3.1810), levárono prisioneiro a Montevideo. Liberado máis tarde, foi condenado polo novo goberno arxentino, a causa desta derrota, en maio de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante non etimolóxica do apelido de orixe toponímica Hedrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Coñecido como Guillermo Pedrosa, partiu da figuración e, a través da mancha de cor, realizou unha investigación cromática que o levou ata a abstracción lírica. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e Madrid e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983), Balconadas de Betanzos (1990), Arte e lixo (2000) e Exposición galaico-portuguesa de Chaves (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filántropa. Coñecida como Tareixa dos demos, dedicou a súa vida a acoller e coidar na súa casa mulleres enfermas e sen recursos. Antes de morrer doou todos os seus bens á congregación da Virxe das Dores para a construción dun hospital da caridade que levaría o seu nome. En 1946, o concello da Coruña deu este nome ao trofeo de fútbol destinado a recadar fondos para a beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Luís Mosquera Gómez. A súa pintura pode cualificarse como realista, aínda que recorre á subxectividade e engade simboloxías á obra. En canto á temática, mestura a tradición coa actualidade. Da súa obra destaca Nocturno (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, realizador cinematográfico e profesor. Catedrático da Escola de Imaxe e Son, realizou diversas exposicións de pintura, composicións en vídeo e producións infográficas. Participou nas mostras Arco (1988 e 1989), así como en numerosos eventos nacionais e internacionais. Da súa produción audiovisual destacan as realizacións Videoviolín (1986, segundo premio na II Muestra Internacional de Vídeo de Málaga), Parpadeo (1986, primeiro premio no I Certamen de Vídeo de Vitoria) e Tránsito (1988, primeiro premio no IV Festival de Vídeos Musicais de Vitoria) e o seu traballo como director artístico no documental Contrabajo (1998, premio AGAPI ao mellor documental galego).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe galega que trae como armas, en campo de goles, cinco pedras, ao natural; bordura de azul con catro flores de lis, de ouro. Outros traen, en campo de goles, dúas torres de pedra, sobre ondas de auga de azul e prata, e entre as dúas torres, un piñeiro, de sinople. Outros, en campo de azul, un castelo, de prata. E outros, en campo de azul, un brazo armado de prata, empuñando unha machada do mesmo metal, saíndo cara ao lado sinistro pola ventá dunha torre, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especialista en probas de longa distancia, foi campioa de España de Fondo (1985), campioa de España de gran fondo, subcampiona de España de 3.000 m en pista cuberta (1989 e 1990), subcampiona de España de 10.000 m en pista cuberta, subcampiona de España de 3.000 m ao aire libre (1987) e subcampiona de España de 10.000 m ao aire libre (1986 e 1988). Foi internacional co equipo español en 12 ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Despois de proclamarse campión de España de minimotos (1998), debutou no campionato do mundo en 125cc no GP de Xapón (2001). Converteuse no piloto máis novo en conseguir dous títulos mundiais ao gañar o título de 125cc (2003) e o de 250cc (2004) con 19 anos, malia as graves lesións sufridas nunha caída da moto. No 2005 volveu proclamarse campión do mundo, tamén lesionado. Ese mesmo ano comeza a súa etapa en MotoGP co equipo Repsol Honda. A primeira vitoria nesta categoría conséguea no Gran Premio de China (2006), chegando a quedar quinto na clasificación xeral desa tempada. Na tempada 2007 sube ao segundo posto, e nos anos 2008 e 2009 remata terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Foi delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra (1993-1994), deputado no Parlamento de Galicia na V lexislatura (1993-1997), director xeral de Relacións Laborais (1994-1997) e secretario executivo da organización do PP en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillermo Fernández Pedrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lieiro (Cervo). De planta rectangular, foi realizado en cantaría e cachotaría e engadíuselle unha capela. Na fachada principal destaca o portalón de entrada con arco de medio punto, enriba do que se atopan tres escudos coas armas dos Arias-Conde, Luaces, Aguiar-Pardo e Pedrosa. No lintel dunha fiestra está gravada a data de 1570 que se supón é a de fundación do soar por parte dos Pedrosa, descendentes dos O’Connor de Irlanda. Ademais da capela acaroada, conta cun hórreo de boas dimensións nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta, historiador e novelista. Coñecido como Adro Xavier, especializouse en biografías de personaxes españois, dos que destacan Aproximación a la historia de España en veinte grandes biografías e a Colección Tu y yo. Ademais publicou, entre outras obras, Amor de héroe (1937), Rojo y español (1939), Ocaso del Imperio (1940), Carlos María Rey-Stolle Pedrosa marino y aviador (1941), Almas hundidas (1950), Francisco Suárez en la España de su época (1950), Emigrantes y sus cosas (1963), Bonifacio VIII (1971), Fui soldado en cuatro guerras (1976), El Papa de Peñíscola: un siglo de Europa (1975) e Doctor Irurita: del consenso al crimen, 1876-1936 (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO