Pedrosa, pazo de
Pedrosa, pazo de
Construción situada en Lieiro (Cervo). De planta rectangular, foi realizado en cantaría e cachotaría e engadíuselle unha capela. Na fachada principal destaca o portalón de entrada con arco de medio punto, enriba do que se atopan tres escudos coas armas dos Arias-Conde, Luaces, Aguiar-Pardo e Pedrosa. No lintel dunha fiestra está gravada a data de 1570 que se supón é a de fundación do soar por parte dos Pedrosa, descendentes dos O’Connor de Irlanda. Ademais da capela acaroada, conta cun hórreo de boas dimensións nas proximidades.