"Eivissa" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ILLAS
Illa do arquipélago das Illes Balears, terceira en extensión, situada ao SO de Mallorca (75.309 h [1991]). As súas costas son accidentadas, con abundantes calas e acantilados, menos ao SL da illa, que son baixas e areosas. O principal núcleo de poboación é Eivissa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio das Illes Balears, situado no sector máis meridional da illa homónima (29.447 h [1996]). A cidade é o centro dunha área comercial que comprende as illas de Eivissa e Formentera. As principais actividades económicas están relacionadas co turismo, principalmente co sector hostaleiro. Nacida coa colonización fenicio-púnica da illa, despois da implantación dos cartaxineses no s V a C foi un centro comercial denso e activo. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, a Cúria e o Museu Arqueològic.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade administrativa das Illes Balears que comprende as illas de Eivissa, Formentera e toda unha serie de illotes circundantes. Desde 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, gozan dunha organización administrativa propia, representada polo Consell Insular de Eivissa e Formentera, integrado por trece deputados (doce elixidos por Eivissa e un por Formentera), que ao mesmo tempo forman parte do parlamento autonómico.